Inicio > Blog! > Campamento urbano no Local de Música: O circo das Bolboretas

Campamento urbano no Local de Música: O circo das Bolboretas

13/03/2013

cartel_circus.jpg

A iniciativa pretende ir dar a coñecer o espazo aos cativos e ás súas familias, mediante una proposta de creación artística que traballará con elementos coma o cine, o teatro, a música e creación plástica.

A creadora da actividade é Bea Mazaira, unha nova artista e música afincada en Pontevedra, para un proxecto de prácticas de tempo libre para a escola Paspallás. O campamento inspírase na curta do mesmo título “O circo das bolboretas” do director Joshua Weigel, e protagonizado por Nick Vujicic. A historia fala do cambio, da transformación e da autosuperación, nunha época de crise.

O campamento usará a creación musical, teatral e plástica para construír unha función para as familias, que se representará o día 27 pola tarde no propio local.

 

 

BEA MAZAIRA inaugura exposición

Cerveceria-taperia TWINS (R/ Princesa, Pontevedra), 13/03/13, 20:30h.

Bea Mazaira (A Coruña, 1989), é unha polifacética artista que estuda na Facultade de BBAA de Pontevedra e que actualmente atópase mergullada no seu traballo de fin de carreira. Mostra nesta ocasión a súa última obra fotográfica con temáticas que abarcan o retrato pin-up ou cheesecake e o circo freak.

O punto en común que hai en todas as súas fotografías é a estética alternativa e vintage, que recordan ás décadas dos 30’s, 40’s e 50’s.

Etiquetas: cativos arte

Información de contacto

  • OFICINA: 986 856 573
  • WhatsApp: 639 98 66 52
  • MAIL: localdemusica@gmail.com
  • R/ Otero Pedraio, s/n. 36003. Pontevedra (Ao carón de Vialia)
  • Street view

Horarios de atención ao público:

  • luns a venres: 16:00 a 22:00
  • Sábados: 10:00 a 14:00 e 16:00 a 22:00

 

Concellaría de Xuventude

  • de 9 a 15h. de lúns a venres
  • T. 986 840 367
  • CASA AZUL, Rúa Sor Lucía 2-3 36002 Pontevedra

Localización

Onde estamos por se nos queres visitar

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos