Inicio > Blog! > 15Bolos 2017

15Bolos 2017

2/05/2017

A Concellería de Cultura e Festas quere contar convosco para completar a programación do verán na rúa

  • Varios grupos mostrarán o seu traballo nas prazas de Pontevedra. Que mellor escenario para chegar á xente as prazas de Pontevedra no verán?
  • 1 grupo teloneará un concerto dun grupo que encherán a praza do Concello.

 

Que se ofrece aos grupos?

Público

  • O Rock na Peregrina estará a rebentar, garantido! Ademáis, as prazas do showcase son as máis concurridas no verán.

Produción

  • Nada de pipear, carrexar nin montar. Facémolo por vós. Vós preocupádevos só do voso instrumento e de tocar.

Publicidade

  • Saberán de vós, seguro! Inserción nos programas oficiais e campañas promocionais do Concello de Pontevedra.

Cachés

  • Un caché estándar para os grupos.

 

E que se nos pide?

  • Usar a lingua galega: Dirixirvos ao público en galego e que algúns dos vosos temas estean en galego.
  • Participar nas accións de coordinación e preparación das actuacións co Local de Música.
  • Facer ben o voso traballo e con profesionalidade, nunha palabra: Tocar.

 

OK, como me apunto?

Neste WEB cubrindo o seguinte FORMULARIO

O prazo estará aberto ate o 19 de maio.

Nos seguintes días convocarase ao xurado e farase a escolla.

 

E como se escollen os grupos?

Os grupos escolleraos un xurado cuxa participación é aberta.

Participaran grupos do ano pasado na selección.

O método será mediante puntuacións numerícas sobre categorías pre-establecidas e mediante o consenso das persoas que formen ese xurado.

Si, poden apuntarse grupos que xa tocaran noutras edicións.

Si, poden apuntarse grupos de Pontevedra que non ensaien no Local de Música.

 

Terase en conta a globalidade do voso proxecto musical:

  • A calidade técnica e musical
  • A profesionalidade e consistencia do proxecto musical
  • A traxectoria e accións de promoción do grupo
  • O estilo (hai cabida para todos, pero cada un terá o seu escenario)
  • A participación do grupo nas actividades do Local de Música

 

Requisitos para participar

  • Que alomenos algún compoñente do grupo estea empadroado no Concello de Pontevedra.
  • Ser maiores de 16 anos.

 

INSCRIBIRSE

BASES

Máis información, contacta co Local de música.

Información de contacto

  • OFICINA: 986 856 573
  • WhatsApp: 639 98 66 52
  • MAIL: localdemusica@gmail.com
  • R/ Otero Pedraio, s/n. 36003. Pontevedra (Ao carón de Vialia)
  • Street view

Horarios de atención ao público:

  • luns a venres: 16:00 a 22:00
  • Sábados: 10:00 a 14:00 e 16:00 a 22:00

 

Concellaría de Xuventude

  • de 9 a 15h. de lúns a venres
  • T. 986 840 367
  • CASA AZUL, Rúa Sor Lucía 2-3 36002 Pontevedra

Localización

Onde estamos por se nos queres visitar

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos